Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

REMATAMOS COS CONTACONTOS!!!



O venres, 25 de abril, tivemos outra sesión de Contacontos.
A nosa sorpresa foi ver quenes eran as persoas que estaban alí para contarnos os contos.
Coñecíamos a todos. María, outra das cociñeiras, que tamén é avoa dun neno de infantil,contounos A BRUXA REGAÑADENTES (daba bastante medo...).
Logo, Ángel ( que traballa no mantenemento do colexio), contounos o conto CARABUÑAS ( estivemos moi entretidos).
Para rematar, Rodrigo,( un dos que traballa na secretaría), contounos VERLIOKA ( pasámolo fenomenal).
Aquí vos deixamos algunhas fotos que fixemos para que vexades os bos momentos que tivemos. 







Por este curso xa nos despedimos dos contacontos e esperamos que para o curso que ven poidamos volver a disfrutar destes momentos tan entretidos. Grazas a todos os que participaron e en especial a Juan que foi o que organizou estas sesións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario