Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

O NADAL

Como xa está chegando o Nadal, queremos adornar as clases e o corredor do primeiro ciclo cos nosos traballos. Estamos a facer árbores, monecos de neve, beléns, reis...que cando cheguen as vacacións levaremos para casa.

Aquí vos deixamos algúns dos momentos do noso traballo. Disfrutádeos!!!





E para rematar, as profes do 1º ciclo da Primaria queremos desexarvos a tod@s un feliz Nadal e un 2014 cheo de felicidade e boas novas!!!

DESCUBRIMOS O APALPADOR


Oíchedes falar algunha vez do APALPADOR ?

Traballando no noso proxecto, atopámonos cun personaxe da tradición popular galega nado no Courel chamado O APALPADOR que visita as nosas casas polo Nadal.
É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai xoguetes de madeira coas pólas das árbores.
O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos cando están durmidos e tócalles a barriga para mirar se cearon ben.   Déixalles como agasallo castañas quentes e divertidos xoguetes de madeira.

Aproveitando que xa coñecemos a súa historia, na clase de Música estamos preparando para o festival do día 19 de decembro o baile do APALPADOR .
Aquí vos deixamos o seu video


                                     

O NOSO PROXECTO

Para desenvolver na nosa aula o proxecto sobre Galicia e coñecer un pouco máis a nosa comunidade, decidimos afondar sobre:
1- Situación xeográfica.
2- As provincias.
3- A gastronomía.
4- O folclore.
5- Os monumentos.
6- Construccións típicas.
7- Os nosos antepasados.
8- As festas.
9- Persoas destacadas.
10- ...e todo o que vaiamos atopando polo camiño...


As familias veñen aportando todo tipo de materiais para poñer no noso recuncho do proxecto.








Unha vez que tivemos algún material na aula puxémonos a investigar.