Xa chegou o inverno, comenzou o día 21 de decembro, pero estabamos tan ocupados co festival de música, as cartas aos Reis e a Papá Noel, os adornos de Nadal... que nin tan sequera lle demos a benvida, pero
aínda nos queda moito tempo para disfrutalo!!!
O próximo 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz, unha pequena homenaxe a esa actitude que debemos ter en conta todos os días do ano e aproveitaremos para reflexionar que é a PAZ para todos nós.
Estamos a facer unha pomba da paz e tamén falaremos sobre as palabras que nos gustan, palabras referidas a construir un mundo con amizade, tolerancia, sen odio, con amor, sen diferencias...