Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

REMATAMOS COS CONTACONTOS!!!



O venres, 25 de abril, tivemos outra sesión de Contacontos.
A nosa sorpresa foi ver quenes eran as persoas que estaban alí para contarnos os contos.
Coñecíamos a todos. María, outra das cociñeiras, que tamén é avoa dun neno de infantil,contounos A BRUXA REGAÑADENTES (daba bastante medo...).
Logo, Ángel ( que traballa no mantenemento do colexio), contounos o conto CARABUÑAS ( estivemos moi entretidos).
Para rematar, Rodrigo,( un dos que traballa na secretaría), contounos VERLIOKA ( pasámolo fenomenal).
Aquí vos deixamos algunhas fotos que fixemos para que vexades os bos momentos que tivemos. 







Por este curso xa nos despedimos dos contacontos e esperamos que para o curso que ven poidamos volver a disfrutar destes momentos tan entretidos. Grazas a todos os que participaron e en especial a Juan que foi o que organizou estas sesións.

MÁIS CONTACONTOS...!!!


O venres, 4 de Abril, tivemos de novo sesión de Contacontos.
Todos eran contos de medo!!! Terroríficos!!!
Unha das nosas sorpresas foi ver alí as nosas cociñeiras e ademáis que unha delas, JO, nos contara o primeiro conto titulado A PANTASMA.
Logo a súa filla UXÍA e máis DENÍS, que son uns alumnos de 4º da ESO contáronnos O VAMPIRO.
Despois, MERCEDES, a nai dun neno de infantil que se chama Martín, contounos O MOSTRO DO ARMARIO.
Por último, CORI, o avó de Antía, que xa coñecemos doutras veces ( que lle encanta virnos a contar contos) , asustounos un pouco falándonos do HOME DO SACO.
Rímonos moito, porque... non era para tanto!!! De medo, nadaaaaaa!!!









EXCURSIÓN A VIGO

O xoves, 3 de Abril, fixemos unha excursión a Vigo. Primeiro fomos ao Auditorio de Novagalicia Banco a ver a obra de teatro "Bon appétit" interpretada polo TEATRO DOS GHAZAFELHOS.
Pasámolo moi ben, rimos dabondo... foi moi divertida!!!
Cando rematou, tiñamos xa moita fame e fomos no autobús ata a praia de Samil onde xantamos e xogamos.

Aquí vos deixamos algunhas das fotos que fixemos.