Como xa sabedes os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria estivemos a traballar no noso proxecto COÑECEMOS GALICIA.
Grazas a todos polo material aportado: libros, contos, folletos, figuras, instrumentos, fotos, mapas...
Con todo iso e co que traballamos na clase descubrimos moitas cousas:
- As catro provincias galegas.
- Os monumentos e construccións máis importantes.
- A súa paisaxe e vexetación ( fomos andando ata Varalonga para debuxar a paisaxe que nos rodea)
- Que os nosos ancestros foron os celtas ( viñeron uns nenos da ESO a falarnos deles).
- Os símbolos ( a bandeira galega e os escudos das provincias)
- Que o noso baile é a muiñeira ( que a bailamos polo Nadal)
- Que o Papá Noel de Galicia se chama O Apalpador.
- Que temos unha gastronomía moi rica ( fixemos filloas polo entroido).
- Coñecemos a vida e obra de Rosalía de Castro.
- Intentamos reproducir algúns cadros do pintor LAXEIRO e quedáronnos moi ben!!!
- Falamos das festas típicas de Galicia ( o magosto, o samaín, o entroido...)
- Na Semana Cultural fixemos unha representación do Maio, que tamén é moi típico de Galicia.
Todos os nosos traballos están decorando os corredores das nosas aulas.
QUE BEN NOS QUEDARON!!!