Oíchedes falar algunha vez do APALPADOR ?
Traballando no noso proxecto, atopámonos cun personaxe da tradición popular galega nado no Courel chamado O APALPADOR que visita as nosas casas polo Nadal.
É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai xoguetes de madeira coas pólas das árbores.
O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos cando están durmidos e tócalles a barriga para mirar se cearon ben. Déixalles como agasallo castañas quentes e divertidos xoguetes de madeira.
Aproveitando que xa coñecemos a súa historia, na clase de Música estamos preparando para o festival do día 19 de decembro o baile do APALPADOR .
Aquí vos deixamos o seu video