Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

FACENDO FILLOAS

Seguindo co noso proxecto e aproveitando que estamos no ENTROIDO, falamos da gastronomía galega.Un dos platos típicos destas datas son as filloas. Tamén nos enteramos de que no Reino Unido cómense filloas nesta época ( se queredes saber máis ide á sección de inglés).
O mércores 26,voltamos de novo a ser cociñeiros e fixemos unhas filloas que estaban boísimas...

PREPARAMOS O ENTROIDO

O Entroido é unha festa popular que se celebra a finais do mes de febreiro ou a primeiros de marzo. Co Entroido márcase a fin do inverno e o comezo da primavera.
En Galicia é unha festa con moita sona. Son moi coñecidos: os cigarróns de Laza, os peliqueiros de Verín, as pantallas de Xinzo... sen esquecer na zona do Morrazo os carnavais do Hío (moi preto do noso colexio).

Este últimos días estivemos a facer murais, carautas. antefaces...para decorar a clase e os corredores.Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos.

SEGUIMOS COS CONTACONTOS...


O venres 14 de febreiro tivemos de novo sesión de contacontos.Juan fixo a presentación e logo contounos o conto "UN BECHO EXTRAÑO."



Estabamos moi atentos...



Cori, o avó de Antía, unha nena de 3 anos contounos "BAILAR NAS NUBES."



Raquel, a nai de Alba Beloso contounos "A CAIXA DOS RECORDOS."


Que bonitos estes contos!!!




María, a nai de Lucía de 4 anos, contounos "A VODA DO GALO PINTO."



Chelo, a nai de Belén e María, contounos "VICHES O LEÓN."



Cando remataron, non paramos de aplaudir...



Grazas a todos por vir e esperamos con moita ilusión a seguinte sesión.

CONTACONTOS




O departamento de Normalización Lingüïstica está a desenvolver esta actividade coas nais e pais para nenos de Infantil e o Primeiro ciclo da Primaria. A nós tocóunos o día 31   de xaneiro.
Os contos que nos contaron foron estes:

"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" contado por Juan que é o profesor de galego na ESO.




     "Sopa de nada" contado por Susana a nai de Xabi.



Estabamos moi atentos...


 

       "A min non me comas" contado pola nai de Pedro.


                             

   "Caracol e caracola" contado por Marisol a nai de Aarón e Yaiza.




    Os contos eran moi divertidos...




  "Nariz de ouro" contado por Paula a nai de Iria e madriña de Xabi.




        Aínda seguíamos atentos...




 "Orellas de coello" contado por Lidia a nai de Alicia e Anselmo.




  Gustounos tanto que quedamos para outro día...




Grazas ás nais por compartir con nós esta preciosa tarde!!!