Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

MÁIS CONTACONTOS...!!!


O venres, 4 de Abril, tivemos de novo sesión de Contacontos.
Todos eran contos de medo!!! Terroríficos!!!
Unha das nosas sorpresas foi ver alí as nosas cociñeiras e ademáis que unha delas, JO, nos contara o primeiro conto titulado A PANTASMA.
Logo a súa filla UXÍA e máis DENÍS, que son uns alumnos de 4º da ESO contáronnos O VAMPIRO.
Despois, MERCEDES, a nai dun neno de infantil que se chama Martín, contounos O MOSTRO DO ARMARIO.
Por último, CORI, o avó de Antía, que xa coñecemos doutras veces ( que lle encanta virnos a contar contos) , asustounos un pouco falándonos do HOME DO SACO.
Rímonos moito, porque... non era para tanto!!! De medo, nadaaaaaa!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario