ARCO DA VELLA
Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.
Samaín e Magosto
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria celebramos as festas do Samaín e do Magosto.Uns días antes estivemos a facer traballos relacionados con elas.Pasámolo moi ben facendo cabazas,morcegos,pantasmas...
BENVID@S Ó CURSO 2014/15
Os nen@s de Primeiro xa somos maiores!!! O noso novo blog chámase "Arco da Vella".
Este é o enlace da de segundo:
https://www.youtube.com/watch?v=quqbZ532d60&feature=youtu.be
@s de segundo recibimos ós nosos novos compas con moita alegría! Xa non somos os pequenos de primaria ;-)
Traballaremos xunt@s no proxecto, faremos saídas, actividades, festas...
Deixámosvos a presentación tan chula que vistes na reunión para vela na casa cando queiramos!
Este é o enlace da de segundo:
e este o de primeiro:
FELIZ VERÁN
As profes vos desexan unhas FELICES VACACIÓNS e non esquezades :
XOGAR!
IR Á PRAIA!
DISFRUTAR DA FAMILIA E DOS AMIGOS!
VIAXAR A MUNDOS MÁXICOS a través de lecturas apaixonantes...
PASÁDEO MOI BEN ESTE VERÁN E ATA O CURSO QUE VEN!!!!!
REMATE DO PROXECTO
Como xa sabedes os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria estivemos a traballar no noso proxecto COÑECEMOS GALICIA.
Grazas a todos polo material aportado: libros, contos, folletos, figuras, instrumentos, fotos, mapas...
Con todo iso e co que traballamos na clase descubrimos moitas cousas:
- As catro provincias galegas.
- Os monumentos e construccións máis importantes.
- A súa paisaxe e vexetación ( fomos andando ata Varalonga para debuxar a paisaxe que nos rodea)
- Que os nosos ancestros foron os celtas ( viñeron uns nenos da ESO a falarnos deles).
- Os símbolos ( a bandeira galega e os escudos das provincias)
- Que o noso baile é a muiñeira ( que a bailamos polo Nadal)
- Que o Papá Noel de Galicia se chama O Apalpador.
- Que temos unha gastronomía moi rica ( fixemos filloas polo entroido).
- Coñecemos a vida e obra de Rosalía de Castro.
- Intentamos reproducir algúns cadros do pintor LAXEIRO e quedáronnos moi ben!!!
- Falamos das festas típicas de Galicia ( o magosto, o samaín, o entroido...)
- Na Semana Cultural fixemos unha representación do Maio, que tamén é moi típico de Galicia.
Todos os nosos traballos están decorando os corredores das nosas aulas.
QUE BEN NOS QUEDARON!!!

LETRAS GALEGAS
O venres 16 de maio realizamos unha saída ao Balcón do Rei para celebrar
o día das Letras Galegas.
Antes do recreo estivemos falando e traballando sobre Xosé Mª Diaz Castro (que é o escritor a quen se homenaxeou este ano).
Fixo un día de moito calor, pero pasámolo moi ben, xa que alí tiñamos moita sombra para poder comer exogar a gusto!!!
GRANXA SERANTELLOS
Os días 8 e 9 de Maio fomos a Granxa Serantellos (que está en Cambados) .
Ao chegar descubrimos que o lugar onde íamos estar é un PAZO ( que agora coñecemos grazas ao proxecto que estamos a facer).Xa estaban a esperar por nós os monitores que enseguida nos deron as normas para comenzar coas actividades:
- Fomos ver os animais que hai na granxa ( porcos, vacas, coellos, galiñas...)
- Percorrimos un campo cheo de flores.
- Estivemos polos arredores dunha charca onde vimos anfibios.
- Fixemos unhas manualidades que reproducen os sons dalgunhas aves.
- Desbullamos espigas , fixemos fariña e logo un bolo de pan.
Pasámolo fenomenal, foron dous días moi divertidos que queremos compartir con todos vós vendo esta película.

REMATAMOS COS CONTACONTOS!!!
O venres, 25 de abril, tivemos outra sesión de Contacontos.
A nosa sorpresa foi ver quenes eran as persoas que estaban alí para contarnos os contos.
Coñecíamos a todos. María, outra das cociñeiras, que tamén é avoa dun neno de infantil,contounos A BRUXA REGAÑADENTES (daba bastante medo...).
Logo, Ángel ( que traballa no mantenemento do colexio), contounos o conto CARABUÑAS ( estivemos moi entretidos).
Para rematar, Rodrigo,( un dos que traballa na secretaría), contounos VERLIOKA ( pasámolo fenomenal).
Aquí vos deixamos algunhas fotos que fixemos para que vexades os bos momentos que tivemos.
Por este curso xa nos despedimos dos contacontos e esperamos que para o curso que ven poidamos volver a disfrutar destes momentos tan entretidos. Grazas a todos os que participaron e en especial a Juan que foi o que organizou estas sesións.
MÁIS CONTACONTOS...!!!
O venres, 4 de Abril, tivemos de novo sesión de Contacontos.
Todos eran contos de medo!!! Terroríficos!!!
Unha das nosas sorpresas foi ver alí as nosas cociñeiras e ademáis que unha delas, JO, nos contara o primeiro conto titulado A PANTASMA.
Logo a súa filla UXÍA e máis DENÍS, que son uns alumnos de 4º da ESO contáronnos O VAMPIRO.
Despois, MERCEDES, a nai dun neno de infantil que se chama Martín, contounos O MOSTRO DO ARMARIO.
Por último, CORI, o avó de Antía, que xa coñecemos doutras veces ( que lle encanta virnos a contar contos) , asustounos un pouco falándonos do HOME DO SACO.
Rímonos moito, porque... non era para tanto!!! De medo, nadaaaaaa!!!
EXCURSIÓN A VIGO
O xoves, 3 de Abril, fixemos unha excursión a Vigo. Primeiro fomos ao Auditorio de Novagalicia Banco a ver a obra de teatro "Bon appétit" interpretada polo TEATRO DOS GHAZAFELHOS.
Pasámolo moi ben, rimos dabondo... foi moi divertida!!!
Cando rematou, tiñamos xa moita fame e fomos no autobús ata a praia de Samil onde xantamos e xogamos.
Aquí vos deixamos algunhas das fotos que fixemos.

OUTRA DE CONTACONTOS!!!
Os contos que nos contaron foron estes:
-AMORA
-AVÓS
-O TRAXE NOVO DO REI
Juan contounos o primeiro conto.
Estiveron con nós uns nenos da ESO!!!
Cori emocionouse contándonos o conto dos AVÓS.
Nós tamén nos emocionamos...
Paula, a nai de Iria contonuos O TRAXE NOVO DO REY.
Laura, a nai de Antía contounos AMORA.
Neste participamos e foi moi divertido...
Grazas aos catro por darnos unha tarde tan entretida.
ENTROIDO MEDIEVAL
Como remate do Entroido, o venres 28 de febreiro xuntámonos todos os nenos, nenas e profes no pavillón do colexio para celebrar un entroido da época medieval. Viñemos todos disfrazados da época, comemos filloas, orellas...e pasámolo moi ben.
Para que vexades o guapos que estabamos e o que disfrutamos ,eiquí vos deixamos algunhas fotos.
FACENDO FILLOAS
Seguindo co noso proxecto e aproveitando que estamos no ENTROIDO, falamos da gastronomía galega.Un dos platos típicos destas datas son as filloas. Tamén nos enteramos de que no Reino Unido cómense filloas nesta época ( se queredes saber máis ide á sección de inglés).
O mércores 26,voltamos de novo a ser cociñeiros e fixemos unhas filloas que estaban boísimas...
O mércores 26,voltamos de novo a ser cociñeiros e fixemos unhas filloas que estaban boísimas...
PREPARAMOS O ENTROIDO
O Entroido é unha festa popular que se celebra a finais do mes de febreiro ou a primeiros de marzo. Co Entroido márcase a fin do inverno e o comezo da primavera.
En Galicia é unha festa con moita sona. Son moi coñecidos: os cigarróns de Laza, os peliqueiros de Verín, as pantallas de Xinzo... sen esquecer na zona do Morrazo os carnavais do Hío (moi preto do noso colexio).
Este últimos días estivemos a facer murais, carautas. antefaces...para decorar a clase e os corredores.Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos.

SEGUIMOS COS CONTACONTOS...
Estabamos moi atentos...
Cori, o avó de Antía, unha nena de 3 anos contounos "BAILAR NAS NUBES."
Raquel, a nai de Alba Beloso contounos "A CAIXA DOS RECORDOS."
María, a nai de Lucía de 4 anos, contounos "A VODA DO GALO PINTO."
Chelo, a nai de Belén e María, contounos "VICHES O LEÓN."
Cando remataron, non paramos de aplaudir...
Grazas a todos por vir e esperamos con moita ilusión a seguinte sesión.
CONTACONTOS
O departamento de Normalización Lingüïstica está a desenvolver esta actividade coas nais e pais para nenos de Infantil e o Primeiro ciclo da Primaria. A nós tocóunos o día 31 de xaneiro.
Os contos que nos contaron foron estes:
"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" contado por Juan que é o profesor de galego na ESO.
"Sopa de nada" contado por Susana a nai de Xabi.
Estabamos moi atentos...
"A min non me comas" contado pola nai de Pedro.
"Caracol e caracola" contado por Marisol a nai de Aarón e Yaiza.
Os contos eran moi divertidos...
"Nariz de ouro" contado por Paula a nai de Iria e madriña de Xabi.
Aínda seguíamos atentos...
"Orellas de coello" contado por Lidia a nai de Alicia e Anselmo.
Gustounos tanto que quedamos para outro día...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)