Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

DESCUBRIMOS O APALPADOR


Oíchedes falar algunha vez do APALPADOR ?

Traballando no noso proxecto, atopámonos cun personaxe da tradición popular galega nado no Courel chamado O APALPADOR que visita as nosas casas polo Nadal.
É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai xoguetes de madeira coas pólas das árbores.
O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos cando están durmidos e tócalles a barriga para mirar se cearon ben.   Déixalles como agasallo castañas quentes e divertidos xoguetes de madeira.

Aproveitando que xa coñecemos a súa historia, na clase de Música estamos preparando para o festival do día 19 de decembro o baile do APALPADOR .
Aquí vos deixamos o seu video


                                     

2 comentarios:

  1. Me gusta mucho que recojais con los niños este tipo de historias que forman parte de nuestra cultura popular.
    Me encantará ver ese baile, seguro que les sale de maravilla.
    Un saludo....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo comentario.Non sabemos como lles saldrá o baile pero se lles ve alegres e felices cando ensaian, e eso é o que realmente importa.
      Felices Festas!

      Eliminar