Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

OUTRA DE CONTACONTOS!!!


O venres, 21 de marzo voltamos de novo cos contacontos.Igual que outras veces estamos moi agradecidos pola colaboración prestada.

Os contos que nos contaron foron estes:


- DINOSAURIO BELISARIO
-AMORA
-AVÓS
-O TRAXE NOVO DO REI

                                        
   Juan contounos o primeiro conto.
                                                           
                                     
  Estiveron con nós uns nenos da ESO!!!

                                       
Cori emocionouse contándonos o conto dos AVÓS.

                                       
Nós tamén nos emocionamos...
                                           
                                                         
                     Paula, a nai de Iria contonuos O TRAXE NOVO DO REY.

                         
 Laura, a nai de Antía contounos AMORA.
            
                                        
 Neste participamos e foi moi divertido...

                                           
        Grazas aos catro por darnos unha tarde tan entretida.


ENTROIDO MEDIEVAL

Como remate do Entroido, o venres 28 de febreiro xuntámonos todos os nenos, nenas e profes no pavillón do colexio para celebrar un entroido da época medieval. Viñemos todos disfrazados da época, comemos filloas, orellas...e pasámolo moi ben.
Para que vexades o guapos que estabamos e o que disfrutamos ,eiquí vos deixamos algunhas fotos.


                                       

FACENDO FILLOAS

Seguindo co noso proxecto e aproveitando que estamos no ENTROIDO, falamos da gastronomía galega.Un dos platos típicos destas datas son as filloas. Tamén nos enteramos de que no Reino Unido cómense filloas nesta época ( se queredes saber máis ide á sección de inglés).
O mércores 26,voltamos de novo a ser cociñeiros e fixemos unhas filloas que estaban boísimas...

PREPARAMOS O ENTROIDO

O Entroido é unha festa popular que se celebra a finais do mes de febreiro ou a primeiros de marzo. Co Entroido márcase a fin do inverno e o comezo da primavera.
En Galicia é unha festa con moita sona. Son moi coñecidos: os cigarróns de Laza, os peliqueiros de Verín, as pantallas de Xinzo... sen esquecer na zona do Morrazo os carnavais do Hío (moi preto do noso colexio).

Este últimos días estivemos a facer murais, carautas. antefaces...para decorar a clase e os corredores.Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos.

SEGUIMOS COS CONTACONTOS...


O venres 14 de febreiro tivemos de novo sesión de contacontos.Juan fixo a presentación e logo contounos o conto "UN BECHO EXTRAÑO."



Estabamos moi atentos...



Cori, o avó de Antía, unha nena de 3 anos contounos "BAILAR NAS NUBES."



Raquel, a nai de Alba Beloso contounos "A CAIXA DOS RECORDOS."


Que bonitos estes contos!!!




María, a nai de Lucía de 4 anos, contounos "A VODA DO GALO PINTO."



Chelo, a nai de Belén e María, contounos "VICHES O LEÓN."



Cando remataron, non paramos de aplaudir...



Grazas a todos por vir e esperamos con moita ilusión a seguinte sesión.

CONTACONTOS




O departamento de Normalización Lingüïstica está a desenvolver esta actividade coas nais e pais para nenos de Infantil e o Primeiro ciclo da Primaria. A nós tocóunos o día 31   de xaneiro.
Os contos que nos contaron foron estes:

"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" contado por Juan que é o profesor de galego na ESO.




     "Sopa de nada" contado por Susana a nai de Xabi.



Estabamos moi atentos...


 

       "A min non me comas" contado pola nai de Pedro.


                             

   "Caracol e caracola" contado por Marisol a nai de Aarón e Yaiza.




    Os contos eran moi divertidos...




  "Nariz de ouro" contado por Paula a nai de Iria e madriña de Xabi.




        Aínda seguíamos atentos...




 "Orellas de coello" contado por Lidia a nai de Alicia e Anselmo.




  Gustounos tanto que quedamos para outro día...




Grazas ás nais por compartir con nós esta preciosa tarde!!!

DÍA DA PAZ

Levamos varios días traballando sobre a paz.
A PAZ entendida como "respecto" hacia os demáis en todos os momentos,entendernos sen facer uso da violencia,"solidaridade" e "cariño" ante os máis débiles...


Aquí vos deixamos as vivencias e traballos que fixemos para celebrar este día tan especial.




CHEGOU O INVERNO

Xa chegou o inverno, comenzou o día 21 de decembro, pero estabamos tan ocupados co festival de música, as cartas aos Reis e a Papá Noel, os adornos de Nadal... que nin tan sequera lle demos a benvida, pero
aínda nos queda moito tempo para disfrutalo!!!

 O próximo 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz, unha pequena homenaxe a esa actitude que debemos ter en conta todos os días do ano e aproveitaremos para reflexionar que é a PAZ para todos nós.



Estamos a facer unha pomba da paz e tamén falaremos sobre as palabras que nos gustan, palabras referidas a construir un mundo con amizade, tolerancia, sen odio, con amor, sen diferencias...

O NADAL

Como xa está chegando o Nadal, queremos adornar as clases e o corredor do primeiro ciclo cos nosos traballos. Estamos a facer árbores, monecos de neve, beléns, reis...que cando cheguen as vacacións levaremos para casa.

Aquí vos deixamos algúns dos momentos do noso traballo. Disfrutádeos!!!





E para rematar, as profes do 1º ciclo da Primaria queremos desexarvos a tod@s un feliz Nadal e un 2014 cheo de felicidade e boas novas!!!

DESCUBRIMOS O APALPADOR


Oíchedes falar algunha vez do APALPADOR ?

Traballando no noso proxecto, atopámonos cun personaxe da tradición popular galega nado no Courel chamado O APALPADOR que visita as nosas casas polo Nadal.
É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai xoguetes de madeira coas pólas das árbores.
O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos cando están durmidos e tócalles a barriga para mirar se cearon ben.   Déixalles como agasallo castañas quentes e divertidos xoguetes de madeira.

Aproveitando que xa coñecemos a súa historia, na clase de Música estamos preparando para o festival do día 19 de decembro o baile do APALPADOR .
Aquí vos deixamos o seu video


                                     

O NOSO PROXECTO

Para desenvolver na nosa aula o proxecto sobre Galicia e coñecer un pouco máis a nosa comunidade, decidimos afondar sobre:
1- Situación xeográfica.
2- As provincias.
3- A gastronomía.
4- O folclore.
5- Os monumentos.
6- Construccións típicas.
7- Os nosos antepasados.
8- As festas.
9- Persoas destacadas.
10- ...e todo o que vaiamos atopando polo camiño...


As familias veñen aportando todo tipo de materiais para poñer no noso recuncho do proxecto.








Unha vez que tivemos algún material na aula puxémonos a investigar.








NATURNOVA

O xoves 21 de novembro fixemos unha excursión ó centro interactivo de educación ambiental NATURNOVA.
Gustounos moito, é un espazo no que pudemos ver o Sistema Solar en movemento,escoitamos unha treboada,sobrevoamos Galicia virtualmente...e o que máis nos gustou foi a viaxe que fixemos en submarino ó fondo da ría...!!!

O MAGOSTO

Aínda que con algún tempo de retraso, queremos amosarvos algunhas fotos do magosto.
Ademáis de comer castañas, tamén comemos outros froitos secos: abelás, noces, pistachos, améndoas...
Unha vez que o bandullo estaba cheo, fixemos xogos tradicionais desta época do ano.
Mirade!!!



O NOSO QUEIXO

Aproveitando que estabamos a estudar o tema dos alimentos, convertémonos en pequen@s cociñeir@s. 
A nosa aula transformámola, por un momentiño, nunha cociña, fixemos queixo a partires de leite fresco e callo (cuajo). 

Estaba delicioso!!!!!

Estes foron algúns dos nosos momentos ;-)



                               Preparativos
                        
                        Mirando o leite callado  

             


                          UUUMMMMMMMM!!!!!

                         O MELLOR BOCADO!!!!

         UN POUQUIÑO DE QUEIXO PARA PROBAR

O SAMAÍN

O pasado mércores día 30 de outubro celebramos no colexio a festividade do Samaín, festa de orixe celta que indica a chegada dos espíritos dos mortos no ano anterior. Para protexer ao vivos, hai que colocar cabazas acesas nas portas das casas.E iso fixemos...aínda que moitas cousas máis:
Comemos pantasmas de chocolate que trouxo Silvia, gominolas en forma de vermes, dedos, arañas, cerebros, caveiras, etc.
Levamos bastantes sustos, un por parte dunha momia, outros coas candeas e as cabazas acesas pola clase...

As riquísimas pantasmas que fixeron Silvia e a súa nai!!!

Gominolas terroríficas...

Unha momia!!!!

Os nenos e nenas de 1º de Primaria,

@s de 2º A...

e @s de 2º B.

E aquí tod@s xunt@s!!!!