Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

Samaín e Magosto

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria celebramos as festas do Samaín e do Magosto.Uns días antes estivemos a facer traballos relacionados con elas.Pasámolo moi ben facendo cabazas,morcegos,pantasmas...