Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

LETRAS GALEGAS

 O venres 16 de maio realizamos unha saída ao Balcón do Rei para celebrar
o día das Letras Galegas.
Antes do recreo estivemos falando e traballando sobre Xosé Mª Diaz Castro (que é o escritor a quen se homenaxeou este ano).
  Fixo un día de moito calor, pero pasámolo moi ben, xa que alí tiñamos moita sombra para poder comer e
                                                               xogar a gusto!!!














GRANXA SERANTELLOS

Os días 8 e 9 de Maio fomos a Granxa Serantellos (que está en Cambados) .
Ao chegar descubrimos que o lugar onde íamos  estar é un PAZO ( que agora coñecemos grazas ao proxecto que estamos a facer).Xa estaban a esperar por nós os monitores que enseguida nos deron as normas para comenzar coas actividades:
- Fomos ver os animais que hai na granxa ( porcos, vacas, coellos, galiñas...)
- Percorrimos un campo cheo de flores.
- Estivemos polos arredores dunha charca onde vimos anfibios.
- Fixemos unhas manualidades que reproducen os sons dalgunhas aves.
- Desbullamos espigas , fixemos fariña e logo un bolo de pan.

Pasámolo fenomenal, foron dous días moi divertidos que queremos compartir con todos vós vendo esta película.