Somos @s mestr@s e @s nen@s do Primeiro Ciclo de Educación Primaria do Colexio Eduardo Pondal e queremos compartir con todos vós as actividades, traballos, fotos... que realizaremos dentro e fóra da aula ao longo do curso.
Esperamos que vos guste.

O NADAL

Como xa está chegando o Nadal, queremos adornar as clases e o corredor do primeiro ciclo cos nosos traballos. Estamos a facer árbores, monecos de neve, beléns, reis...que cando cheguen as vacacións levaremos para casa.

Aquí vos deixamos algúns dos momentos do noso traballo. Disfrutádeos!!!





E para rematar, as profes do 1º ciclo da Primaria queremos desexarvos a tod@s un feliz Nadal e un 2014 cheo de felicidade e boas novas!!!

DESCUBRIMOS O APALPADOR


Oíchedes falar algunha vez do APALPADOR ?

Traballando no noso proxecto, atopámonos cun personaxe da tradición popular galega nado no Courel chamado O APALPADOR que visita as nosas casas polo Nadal.
É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai xoguetes de madeira coas pólas das árbores.
O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos cando están durmidos e tócalles a barriga para mirar se cearon ben.   Déixalles como agasallo castañas quentes e divertidos xoguetes de madeira.

Aproveitando que xa coñecemos a súa historia, na clase de Música estamos preparando para o festival do día 19 de decembro o baile do APALPADOR .
Aquí vos deixamos o seu video


                                     

O NOSO PROXECTO

Para desenvolver na nosa aula o proxecto sobre Galicia e coñecer un pouco máis a nosa comunidade, decidimos afondar sobre:
1- Situación xeográfica.
2- As provincias.
3- A gastronomía.
4- O folclore.
5- Os monumentos.
6- Construccións típicas.
7- Os nosos antepasados.
8- As festas.
9- Persoas destacadas.
10- ...e todo o que vaiamos atopando polo camiño...


As familias veñen aportando todo tipo de materiais para poñer no noso recuncho do proxecto.








Unha vez que tivemos algún material na aula puxémonos a investigar.








NATURNOVA

O xoves 21 de novembro fixemos unha excursión ó centro interactivo de educación ambiental NATURNOVA.
Gustounos moito, é un espazo no que pudemos ver o Sistema Solar en movemento,escoitamos unha treboada,sobrevoamos Galicia virtualmente...e o que máis nos gustou foi a viaxe que fixemos en submarino ó fondo da ría...!!!

O MAGOSTO

Aínda que con algún tempo de retraso, queremos amosarvos algunhas fotos do magosto.
Ademáis de comer castañas, tamén comemos outros froitos secos: abelás, noces, pistachos, améndoas...
Unha vez que o bandullo estaba cheo, fixemos xogos tradicionais desta época do ano.
Mirade!!!



O NOSO QUEIXO

Aproveitando que estabamos a estudar o tema dos alimentos, convertémonos en pequen@s cociñeir@s. 
A nosa aula transformámola, por un momentiño, nunha cociña, fixemos queixo a partires de leite fresco e callo (cuajo). 

Estaba delicioso!!!!!

Estes foron algúns dos nosos momentos ;-)



                               Preparativos
                        
                        Mirando o leite callado  

             


                          UUUMMMMMMMM!!!!!

                         O MELLOR BOCADO!!!!

         UN POUQUIÑO DE QUEIXO PARA PROBAR

O SAMAÍN

O pasado mércores día 30 de outubro celebramos no colexio a festividade do Samaín, festa de orixe celta que indica a chegada dos espíritos dos mortos no ano anterior. Para protexer ao vivos, hai que colocar cabazas acesas nas portas das casas.E iso fixemos...aínda que moitas cousas máis:
Comemos pantasmas de chocolate que trouxo Silvia, gominolas en forma de vermes, dedos, arañas, cerebros, caveiras, etc.
Levamos bastantes sustos, un por parte dunha momia, outros coas candeas e as cabazas acesas pola clase...

As riquísimas pantasmas que fixeron Silvia e a súa nai!!!

Gominolas terroríficas...

Unha momia!!!!

Os nenos e nenas de 1º de Primaria,

@s de 2º A...

e @s de 2º B.

E aquí tod@s xunt@s!!!!







BENVIDA Á NOVA ESTACIÓN


O pasado día 11 de outubro, saímos a visitar o entorno do colexio co motivo da chegada do outono.
Os montes do arredor do noso colexio estaban cargadiños de castañas, landras e follas polo chan.
As especies que máis abondan nestes montes, e tamén nos montes de Galicia, son os castiñeiros, os carballos, os piñeiros e os eucaliptos. De todas elas recollemos mostras reais e en forma de fotografía. Velaí van...






Coas follas que recollemos, as pintamos coas cores do outono: marrón, amarelo, laranxa, vermello, verde...e elaboramos esta fermosa árbore:

UN POUCO MÁIS DE NÓS...

Xa víchedes por qué eliximos o nome de "Arco da vella" para o noso blog.
Como nenos e nenas que somos, temos que ir dándolle cor ao noso mundo, construíndo un lugar onde poder soñar...
Unha vez feitas as presentacións, xa podemos empezar a publicar parte do traballo que facemos nas nosas aulas...




O PORQUÉ DO NOSO NOME

Queremos compartir con vós este vídeo para darvos a benvida ao noso espazo!!